Descarga o videoclip de Edilberto Alonso

Hai uns meses dende Chuza! promoveuse unha curiosa iniciativa coñecida coma os Premios Chanante Piñeiro que pretendían galardoar ós mellores vídeos galegos que hai na Internet, e nos que...

Hai uns meses dende Chuza! promoveuse unha curiosa iniciativa coñecida coma os Premios Chanante Piñeiro que pretendían galardoar ós mellores vídeos galegos que hai na Internet, e nos que ten especial importancia Edilberto Alonso co seu Galicia Será Nación, pois dende Xuvecurtis.com converteron o tema musical nun curioso videoclip.

Edilberto nomeado ós premios Chanante Piñeiro

Para promover a súa candidatura ós premios, Edilberto decidiu lanzar unha nova canción, un novo tema, unha nova obra, unha peza incualificable e inconmensurable que vos ofrezo dende aquí en exclusiva:


Ver letra completa ▼

¡Que non se diga que dende aquí non promovemos a figura do curtiense máis coñecido en toda a Internet! ¡Segue así Edilberto!

A verdade é que non precisa de moita máis presenza na Internet, pois xa aparece en moitas webs, como se pode comprobar nesta fotografía coa maleta de emigrante na que hai unha folla coas referencias sobre Edilberto na Internet:
A maleta de Edilberto Alonso reflicte a súa presenza na Internet

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS