9 Agosto, 2012
Hoxe o programa A Tarde da Radio Galega foi moi especial, pois despois dunha intervención divertidísima do ateo Alejandro Matías (que montou unha boa coas comuñóns), fixo acto de presenza Rebeca Ponte para cantar un par de temas e responder ás preguntas de Cristina, Rocío e Alberto:


A ver se podemos escoitar pronto o segundo LP de Cardigan Bridge, e cómpre lembrar que tamén vai participar na xira Galiautor 2012 que o 7 de setembro chega ao Forum Metropolitano da Coruña e ao día seguinte recala no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.
Tamén participan no Galiautor 2012 os cantautores Javier Álvarez e o ferrolán Al Vila.