Rebeca Ponte/Cardigan Bridge estrea disco

Rebeca Ponte, a quen os melidenses coñecen polo establecemento de fotografía e arte Sanoguera sito xunto ao Palacio de Exposicións da vila, sorpréndenos presentando mañá o seu primeiro disco...

Rebeca Ponte na Praia das Catedrais
Rebeca Ponte, a quen os melidenses coñecen polo establecemento de fotografía e arte Sanoguera sito xunto ao Palacio de Exposicións da vila, sorpréndenos presentando mañá o seu primeiro disco On the windowsill na boîte do Playa Club coruñés a iso das 21:00 horas, polo que hoxe Isidoro Valerio entrevistouna no programa Voces de Galicia de RadioVoz, comezando pola explicación do nome artístico de Rebeca (Cardigan Bridge) e acompañando a conversa cun par de temas do álbum:


Na páxina web oficial de Cardigan Bridge podedes escoitar o disco completo, e quen guste e non poida asistir mañá ao Playa a ver a Rebeca, poderá acudir o 11 de agosto ás 23:00 horas na Casa Doñano de Ribadeo a un concerto acústico que promete repetir a experiencia desta semana.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...