Noite de San Xoán na Coruña

Esta noite é moi especial na Coruña, con toda a cidade vivindo a celebración dun xeito que non conseguen outras datas como o Fin de Ano, pois desta volta...

Esta noite é moi especial na Coruña, con toda a cidade vivindo a celebración dun xeito que non conseguen outras datas como o Fin de Ano, pois desta volta a xente de todas as idades bótase á rúa e achégase ás praias, como podemos ver no seguinte vídeo:

Pero este ano e o que vén a celebración vai ser maior que de costume, pois o día seguinte será festivo, o que agradecerán moitos. Cando menos imos ter un San Xoán festivo durante 2 anos seguidos. ¿Manterase tal festividade a longo prazo como veñen reivindicando na cidade herculina durante anos?
De calquera xeito, espero que os coruñeses gocen dun xeito moi especial desta data… e o resto de Galicia que faga o que poida para pasalo igual de ben 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS