Volve o San Xoán a Gotham

Os últimos xogos de Batman estaban ambientados no Nadal, pero tras numerosos retrasos finalmente Batman: Arkham Knight chega xusto antes do verán e, casualmente, como data de lanzamento puxeron...

San Juan is back to Gotham

Os últimos xogos de Batman estaban ambientados no Nadal, pero tras numerosos retrasos finalmente Batman: Arkham Knight chega xusto antes do verán e, casualmente, como data de lanzamento puxeron o día 23 de febreiro, algo que a nivel internacional non lles dirá nada, pero en Galicia é unha data moi representativa, por ser véspera do San Xoán, día que incluso este ano é festivo, polo que curiosamente temos un dos lanzamentos dun videoxogo mellor situado no calendario dende hai moito tempo, xa que os que non teñan resaca poderán dedicar unha xornada sen traballar para dar os primeiros pasos na derradeira aventura da triloxía de Batman desenvolvida por Rocksteady Studios.

Dende a pasada unha da madrugada é posible xogar (cando menos á versión de PC), polo que non podo resistirme a propor que os xogadores que estean a gozar de Batman: Arkham Knight celebren o San Xoán no xogo, e tan pronto atopen unha fogueira nas rúas ou un coche en lapas, que salten porriba del berrando «cacharela de San Xoán, que non me morda nin serpe nin can». 😀

E se non sabedes o que deparará esta magnífica obra de arte dixital, velaquí o seu trailer de lanzamento:

NOTA: Supoño que non é preciso dicir que o do San Juan is back o poño con bastante mala idea. 😈

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • John Byrne volve aos X-Men ao seu xeito

    A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...