ExpOtaku 2012: outro éxito friki na Coruña

Esta tarde achegueime un intre a ExpOtaku, para ver como fora esta edición, e sorprendinme ao ver que mudaran o lugar do evento (seguía a ser en EXPOCoruña, pero...

Esta tarde achegueime un intre a ExpOtaku, para ver como fora esta edición, e sorprendinme ao ver que mudaran o lugar do evento (seguía a ser en EXPOCoruña, pero noutra zona distinta do recinto) e parecía que todo era moito máis grande. Había máis espazo, polo que non un non afogaba no contorno, aínda que supoño que no día de onte a cousa non sería así, pois durante a xornada do sábado había máis de 3.000 visitantes (aos que se sumaban o medio milleiro de participantes da Arroutada Party). Vaia, que tiña que ser toda unha festa, que nestes 3 últimos días debeu de superar os 5.500 asistentes, deixando constancia que o eventos frikis na Coruña teñen un público consolidado.

Dr. Who en plan Pulips

Yoda servicial

Xa dentro do recinto atopei inicialmente un expositor con bonecas Pulips que provocaron en min unha sensación contraditoria, pois había unha desas figuras personalizada para representar a versión do Dr. Who de David Tennant, polo que non sabía se amala ou odiala 😉
Tamén había un Yoda bastante chulo nunha das tendas, que incluso podería quedar ben na Festa do Melindre, sostendo unha boa piña de doces do Cerne de Galicia.

monstros de ganchillo

Tamén pareceume curiosa unha mesa na que había unha chea de monstros de ganchillo, que é unha desas cousas que vemos en encontros semellantes, e que acaban gañando o corazón do público (como as marabillas que fan algúns con Hama Beads).

bonecos varios

Tamén había distintos bonecos de fabricación industrial entre os que estaban Yoda, Seiya, Pac-Man, Yoshi… e unha criatura peluda coa que non contaba nin de coña (o Junior da familia Gori de Fraggle Rock).

Pedobear

Mario tanooki

Pero hai unha cousa que non parece faltar nos eventos frikis aos que vou ultimamente: ¡pedobear! Aínda que, falando de personaxes cun disfraz de animal, gusto bastante máis do Mario vestido de tanooki, imaxe que fixo que Super Mario 3D Land sexa un xogo inesquecible.

futuros membros da Tropa Korriban

E xa que lembramos ao pedobear, non é o único que ten en común ExpOtaku con Xuventude Galicia Net, pois por aquí tamén pasou a Tropa Korriban. Eu pillei coa cámara a uns posibles reclutas da formación, destacando o coidado disfrace dunha das mozas (que non dubidaba en posar coas súas 2 espadas) e as lentillas vermellas dun dos seus acompañantes (impresionaban bastante).

Álex García en ExpOtaku

Pero postos a aparecer caracterizado, un dos visitantes que causou máis furor foi Álex García, autor de Terra de Man, que parecía pasalo moi ben sacando fotografías con moita xente.

Son Goku

Incluso pillei ao propio Son Goku facendo unhas compras de última hora polas tendas que había no recinto.

Videoxogos

videoxogos

Había bastante presenza de videoxogos, tanto nos elementos á venda (camisetas, bonecos, xogos…) como nos campionatos e no uso libre de consolas que había en ExpOtaku, que curiosamente contaban persoas difrazadas de personaxes de videoxogo entre o público (como o Link de The Legend of Zelda).

videoxogos retro

Pero o que quizais chamaba máis a atención eran as consolas retro, que aínda que non contaban coa variedade do ano pasado (que era un anticipo de RetroCoruña), demostraba que os videoxogos clásicos nunca morren.

iWine

Para rematar, dirixíndome á saída atopei que, xunto aos contedores do lixo había unha chega de caixas de viño Paco & Lola e iWine, quedando coa dúbida de se foi consumido pola xente da Arroutada ou polos otakus. Gústame ver como tal marca de viño logra ter presenza en case todos os eventos tecno-frikis da nosa comunidade.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS