9 Maio, 2012
A pasada fin de semana o programa Vivir Aquí da TVG achegouse a El Club Baltassara onde Rosa Bello foi atendida por Ana Argiz, colaboradora do programa A Tarde da Radio Galega, de aí que queira compartir dende aquí a súa aparición televisiva: 😉
Aproveito para mandar unha aperta a toda a xente de Vivir Aquí, que son unha xente estupenda, comezando polo seu director Tino Santiago (a quen algúns lembrarán polo seu programa de 1997 A Chave) ata chegar a todas e cada unha das caras que saen na pequena pantalla. Espero que sigan co seu bo facer moitos anos.