José Luis Orihuela visitará A Coruña o venres

O vindeiro venres o profesor José Luis Orihuela visitará o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre (nas instalacións en Sabón de La Voz de Galicia) para falar de Por qué Twitter...

José Luis Orihuela
O vindeiro venres o profesor José Luis Orihuela visitará o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre (nas instalacións en Sabón de La Voz de Galicia) para falar de Por qué Twitter mellora o xornalismo e presentar despois os seus últimos libros: Mundo Twitter e 80 claves sobre el futuro del periodismo.
O relatorio de Orihuela promete ser moi interesante, e para dar difusión ao mesmo, esta mañá Isidoro Valerio fíxolle unha entrevista no programa Voces de Galicia de RadioVoz:


Aínda que gustei bastante do Mundo Twitter, recoñezo que a lectura de 80 claves pareceume moito máis amena, especialmente polo seu formato, que anima á reflexión sobre distintos temas que afectan á comunicación, ás redes sociais e aos cambios que está a vivir a nosa sociedade, e que conta coa participación de varios galegos (Enrique Dans, Nacho de la Fuente, Juan Varela e o galego de adopción, Francesc Pumarola), o que é un argumento máis para achegarnos ao último libro de Orihuela, que está a ter unha boa distribución (atopeino nun establecemento físico sen ter que encargalo previamente, o que foi toda unha sorpresa para min).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS