Onte o meu irmán Xurxo madrugou para participar na XXIII Carreira Pedrestre Popular de Santiago de Compostela, evento multitudinario que ao estar organizado polo Grupo El Correo Gallego padeceu unha especie de eclipse informativo, de xeito que os medios de comunicación galegos (agás os que están detrás da competición) non falaron nin dos milleiros de participantes nin das repercusións que tiña a celebración da carreira no tráfico urbano compostelán 🙁
Eu non acabo de entender por qué os participantes elixiron un percorrido de 12 quilómetros para chegar da Avda. de Xoán XXIII á Praza do Obradoiro, pois están a 600 metros 😮 ¿Non é un rodeo un tanto parvo?
Pero volvendo á competición, admito que foi toda unha sorpresa ver o ben que rematou Xurxo, cun digno posto 837 e un tempo de 53 minutos, mentres que o meu curmán Anxo tivo que conformarse cun posto 1.678 e un tempo de 59 minutos (impresiona a diferenza de posto en só 6 minutos).
A chegada á meta de Xurxo pode verse grazas á Correndovoy.com:
Melide tamén deixou o listón bastante alto:
Posto | Dorsal | Nome | Club | Poboación | Ritmo/Km | |
364 00:48:27 |
2024 | Claudio Sánchez | Melide | 00:04:03 | ||
580 00:50:41 |
986 | Javier Blanco Rio | Melide | 00:04:14 | ||
581 00:50:41 |
1918 | Iván Lugrís Beteta | Melide | 00:04:14 | ||
837 00:53:00 |
157 | Xurxo Otero | Atletismo Porriño | Melide | 00:04:25 | |
1015 00:54:19 |
4001 | Xose Manuel Pampin Fuciños | Melide | 00:04:32 |
Debe estar conectado para enviar un comentario.