16 Setembro, 2011
Cando hoxe mirei as novas na edición en liña de La Voz de Galicia vin que falaban de Melide e das súas iniciativas de conservación dos xogos populares, pero ao alzar a vista do titular… ¡Infamia! ¡Sitúan a Melide dentro de Arzúa! 😯
Acto seguido fun mirar á edición impresa ¡et voilà! Falsa alarma:
Era un simple erro de exportación de varias pezas entre as edicións impresa e web. Este tipo de fallos son moi frecuentes porque La Voz xera centos de pezas cada día, que aparecen publicadas en distintos soportes, polo que é practicamente imposible revisar todo, pero se en Melide fose máis habitual ler o xornal en liña en vez de en papel… ¡liaríase unha boa! Porque de todos é sabido o cariño que temos a Arzúa… 😀
Debe estar conectado para enviar un comentario.