4 Agosto, 2011
Esta tarde o meu irmán foi gravar a súa participación no programa Cifras e Letras da TVG, no que é a súa experiencia nun concurso televisivo (antes xa pasara polo Todos a Bordo) e a xornada foi fenomenal, aínda que pouco máis podo dicir porque o concurso emitirase entre decembro e xaneiro.
Iso si, antes pasamos polo programa A Tarde da Radio Galega para que Xurxo contase a súa experiencia nos concursos, nunha intervención que foi bastante entretida:
O que si podo dicir do programa é que Jorge Mira foi moi atento con todos os participantes, que Paco Lodeiro estaba tan animado como é habitual na súa persoa, e que foi toda unha sorpresa coñecer a María Canosa, quen non sabía que substituía a Yolanda Castaño na nova tempada do concurso.