Esta noite quedeu agradablemente sorprendido por unha entrevista que Vicente Vallés fixo a José Luis Orihuela no programa La Noche en 24 Horas co gallo do seu libro Mundo Twitter, xa que Orihuela fixo unha exposición brillante do que é Twitter, chegando incluso a corrixir datos como cando Vallés asegurou que o crecemento de Twitter era exponencial (¿saberán os xornalistas o que é un crecemento exponencial?).
Nótase que José Luis está afeito a dar clase pois o seu discurso serviría incluso para tomar apuntes sobre o que é Twitter e as súas diferenzas con Facebook:
Unha mágoa que tras esta interesantísima entrevista Vallés dese paso aos xornalistas que o acompañaban na mesa para debater sen ningún tipo de rigor sobre o tema, dende perspectivas cheas de prexuízos. Non acabo de entender por qué ser xornalista habilita a un profesional a falar de calquera cousa aínda que sexa de oídas.
Vaia, que un está un pouco aburrido da demonización que da Internet fan dende a meirande parte dos medios de comunicación, nos que non paran de sementar unha imaxe na que a Rede é un territorio no que a intimidade está sempre comprometida e a información hai que poñela sempre en dúbida, cando nunca instan a ter tal sentido crítico cos medios de comunicación tradicionais. 🙁