16 Xuño, 2011
A través dun tuiteo de A Navalla Suíza cheguei a un vídeo musical que vai camiño do medio millón de reproducións en menos dun mes:
Non sei se os de Los Alguien Producciones están ben da cabeza (principalmente por non aproveitar comercialmente o éxito do seu videoclip), pero o peor de todo é que tras ver o vídeo non hai dios que quite a canción da cabeza… ¡merda! 😀
NOTA ROSMONA: Alguén debería dicir a esa xente que a rede Internet, de ter xénero, sería feminino.