24 Maio, 2011
En Dez TV cubriron os comicios electorais en Melide, destacando a normalidade da xornada agás unha anécdota:
Tamén recolleron aos candidatos votando:
A celebración da vitoria por parte dos militantes e simpatizantes do PP:
E as valoracións de Manuel Prado dos resultados:
Dubido moito que o efecto Zapatero fose significativo en Melide, e pensaría máis na erosión propia das coalicións (o BNG tamén baixou onde pactou en minoría), que tampouco foi tal, pois o PSdeG-PSOE incluso subiu 46 votos (ou sexa, que en vez de facer caer á formación, impediulle medrar e recuperar a súa posición de hai 8 anos).
E sobre o vídeo da celebración do PP, aparte do tópico das declaracións dos gañadores, só comentar que parecía un botellón 😛
Debe estar conectado para enviar un comentario.