¿Votantes do PP indignados?

Veñen de remitirme por correo electrónico unha copia escaneada dun panfleto que están a repartir polos portais de Melide no que pon o seguinte: VOTANTES DO PP DE MELIDE...

Veñen de remitirme por correo electrónico unha copia escaneada dun panfleto que están a repartir polos portais de Melide no que pon o seguinte:

VOTANTES DO PP DE MELIDE INDIGNADOS INFORMAN

Veciños e veciñas de Melide:

Un numeroso grupo de veciños e ata agora sempre votantes do Partido Popular queremos advertirvos de que estamos completamente indignados e molestos coa candidata do PP, Ánxeles Vázquez e co presidente da Cooperativa Melisanto, Pablo Costoya, pola actitude que tiveron, ao ceder os seus terreos ao Concello de Boimorto para o deporte da caza, en prexuízo dos veciños de Melide.

Os votantes consideramos moi grave que o PP elixise a Ánxeles Vázquez como candidata a alcaldesa para o Concello de Melide, pois demostrou con esta e con outras actitudes que é unha persoa na que “NON SE PODE CONFIAR“, O único que sabe facer, Ánxeles Vázquez é enganar a todos os veciños, ofrecéndolles promesas como postos de
traballo a moita xente nova, que sabe xa de antemán que non vai ser capaz de cumprir.

Non podemos votar a unha persoa que non mira polos intereses da xente de Melide, que o único que lle interesa é o seu interese persoal, e que demostra día a día cos seus actos o pouco que lle quere a Melide e aos melidenses.

Pensade que se a candidata do PP foi capaz de ceder terreos do noso concello para outro concello veciño, será capaz de derivar calquera outra cousa que se Ile poña por diante con tal de conseguir os seus logros, aínda que iso repercuta negativamente en todos nós. Alguén así non é digno de representar a todos os melidenses. Por eso pedímosvos encarecidamente que teñades todo isto en conta, e que o meditedes profundamente antes de depositar a vosa confianza nela.

Votantes do PP indignados

Admito que non gusto nadiña deste tipo de anónimos, pois está claro que ter votado ao PP no pasado non serve para identificar a ninguén (lembremos que na época de Miguel Pampín o partido arrasaba, polo que o que antes eran votantes do PP en calquera momento son votantes de calquera outro partido, ou sexa que entre simpatizante e militante hai moita diferenza).
Se alguén quere mudar o funcionamento dos partidos políticos o que ten que facer é traballar para conseguir tal dende dentro. Ese é o modelo democrático que temos en España, e hai que roelo.

ACTUALIZACIÓN: Veñen de comunicarme que o Partido Popular de Melide formalizou unha denuncia contra o responsable do panfleto que figura nesta páxina. Non sei cómo rematará o conto, pero está claro que realizar comunicacións públicas deste tipo racha coas normas democráticas, especialmente en período electoral. Agardemos que nos vindeiros días non vexamos prácticas semellantes e a actividade política limítese á propaganda e aos mitins. Gustaríame poder ver un debate no que se enfrontasen as distintas partes dun xeito máis aberto e transparente, pero supoño que ao final non teremos a fortuna de velo.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS