Evan Longoria e o seu sentido arácnido

Supoño que sabedes que Spider-Man ten un sentido arácnido que permítelle predicir o perigo para evitalo ou protexer aos inocentes, e agora un vídeo de YouTube está a causar...

Supoño que sabedes que Spider-Man ten un sentido arácnido que permítelle predicir o perigo para evitalo ou protexer aos inocentes, e agora un vídeo de YouTube está a causar furor ao amosar ao xogador de baseball Evan Longoria facer uso de tal habilidade, superando nun par de semanas os 2 millóns de reproducións:

Antes de que pensedes que o xogador dos Tampa Bay Rays é parente de Peter Parker avisarei de que é imaxe da marca Gillette, ou sexa, que ou estamos ante un fake con intencións publicitarias ou o californiano ten a man rota (e uns compañeiros de equipo inconscientes, que tras poder ter ferido a unha reporteira dunha canle descoñecida seguen coma se nada pasase)… pero iso non debe de quitarnos a ilusión de ver un vídeo bastante curioso co que deixar flipaos aos amigos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS