O vindeiro luns rematan un par de promocións que poden resultar moi interesantes para os que desexen adiantar as súas compras de Nadal, como reflexo do Black Friday e o Cyber Monday que se celebran nos EE.UU., e que no noso territorio fíxose notar con forza en Media Markt, FNAC (só durante o venres) e Carrefour, así como nos establecementos onde venden produtos de Apple.
As ofertas de Media Markt limítanse a unha serie de dispositivos de electrónica de consumo entre os que destacaría a Nintendo 3DS por 149 euros e a películas e series de televisión en DVD e Blu-ray a metade de prezo (oportunidade moi boa para quen desexe facerse con series completas e algún que outro lote de películas interesante como as de Star Wars e Indiana Jones).
Pero en liñas xerais a promoción que ten en marcha Carrefour ata o luns parece máis atractiva, pois ao mercar televisores, tablets, ordenadores, consolas de videoxogos e cámaras dixitais entregan un vale por valor do 20% da compra. Aínda que normalmente os descontos indirectos non son exactamente rebaixas, no caso de Carrefour parécenselle moito, pois ao vender case de todo, non forzan a unha compra superflua como podería acontecer na FNAC (vaia, que os seres humanos temos o vicio de comer todos os días).
Aínda que iso do Black Friday en España sonaba a chinés hai uns anos, parece que estase a establecer especialmente no sector tecnolóxico como algo habitual, polo que ese período de rebaixas podería invadirnos como a celebración do Halloween, aínda que neste caso, se serve para aforrar uns cartiños, non me queixo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.