Telecinco + Cuatro. Cando as matemáticas fallan

O proceso de fusión entre Telecinco e Cuatro está a chegar a ¿bo? fin, e xa teñen unha promo para dar a benvida a Cuatro en Fuencarral: Pero a...

O proceso de fusión entre Telecinco e Cuatro está a chegar a ¿bo? fin, e xa teñen unha promo para dar a benvida a Cuatro en Fuencarral:

Pero a min non me cadran as contas pois se collemos as canles de Telecinco (Telecinco, La Siete, FDF e Boing) e as de Cuatro (Cuatro, CNN+, Canal+ Dos e Canal Club) e, pese a que inicialmente anunciaban que a fusión pretendía ser construtiva, estamos a ter xusto o contrario, comezando polo peche de CNN+ (canle que temporalmente ocupará Gran Hermano durante as 24 horas), de xeito que dá a impresión de que 4 + 4 é aproximadamente 6, pois Canal Club está destinado a desaparecer (xa morreron Tienda en Veo e Cincoshop), CNN+ apagarase en poucas horas e Canal+ Dos é de pagamento.
As promesas que facían durante o relanzamento da TDT, avogando pola diversidade e a gratuitidade, están a racharse a unha velocidade inusitada, sen ningún pudor por parte das compañías que manexan o cotarro. Dá a impresión de que cada vez temos máis canles, pero menos variedade, resultando realmente triste que non exista unha canle de novas alternativa a 24 Horas (e non, unha canle de 24 horas con Gran Hermano non encaixa en tal categoría… e 40 Latino tampouco).

Estaría ben que, postos a cargarse canles, aproveitasen para estrear un Cuatro HD ou algo semellante, para apostar pola calidade en vez de ocupar espazo sen sentido na listaxe de canles do noso televisor.

ACTUALIZACIÓN (3-1-2011): Antes o comento, e antes pasa. Canal Club vén de cesar as súas emisións en Digital+ e agárdase que nos vindeiros días faga o mesmo na TDT. ¿Prepararán o terreo para Cuatro HD?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS