Coido que a revista Playboy está en horas baixas e nin sequera ten periodicidade mensual en España (coido que pasou a bimestral), de aí que entendo que teñan que optar por reclamos rechamantes para manterse no mercado, con iniciativas coma colocar en portada a Marge Simpson e, agora, publicando unha reportaxe gráfica na que homenaxean á película TRON: Legacy.
As mozas da imaxe son as modelos Irina Voronina e Sasckya Porto (peso ao apelido, coido que non é de Melide), e na galería fotográfica que publican na páxina web de PlayBoy podemos atopar imaxes delas como as que seguen:
Con estes argumentos non podo evitar seguir emocionado por ir ver TRON: Legacy o vindeiro venres, pois aínda que a película sexa para todos os públicos, non podemos esquecer que tamén aparece en pantalla Olivia Wilde, a quen bótase moito en falta en House:
Pero por moitas tías cachondas que poidan meter no filme, estou convencido de que ao final os momentos dos que máis vou gustar serán as primeiras aparicións de ambos personaxes interpretados por Jeff Bridges no mundo de TRON, pois son un grande seguidor da película orixinal.
15 Decembro, 2010
Debe estar conectado para enviar un comentario.