Tron volve

Dentro do mundo dos frikis informáticos hai dúas películas de culto indiscutibles, e non, Matrix non é ningunha das dúas. Falo de Juegos de Guerra e de Tron. Moitas...

Tron 2.0 para PCDentro do mundo dos frikis informáticos hai dúas películas de culto indiscutibles, e non, Matrix non é ningunha das dúas. Falo de Juegos de Guerra e de Tron. Moitas películas se inspiraron nestas obras, pero o legado de Tron merecía unha secuela, que parecía ter quedado nun amago co videoxogo Tron 2.0 que saíu hai uns 5 anos con grande éxito de crítica (aínda que non tanto de público, posiblemente porque non contou con versión para PS2).
Co gallo da Comic-Con déronnos unha boa nova: haberá secuela cinematográfica, e chamarase TR2N. Polo momento só temos un cutre-teaser gravado coa cámara dun móbil, pero a cousa pinta ben:

Imos ter que agardar para ver a película (coido que sae en 2010) e supoño que dada a súa temática imos a escoitar falar moito dela.
ReBoot
Para os máis novos que non coñezan Tron non podo deixar de comentar que a serie ReBoot que botaban pola TVG me parecía unha copia da película de Jeff Bridges.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS