Dirixir Google en España non significa ser prudente

Aínda estou alucinado pola facilidade coa que Javier Rodríguez Zapatero, director xeral de Google España, solta datos e predicións sobre o futuro tecnolóxico, pois as referencias que tiña de...

Aínda estou alucinado pola facilidade coa que Javier Rodríguez Zapatero, director xeral de Google España, solta datos e predicións sobre o futuro tecnolóxico, pois as referencias que tiña de tal persoa distan moito da información que publica Europa Press:

Director general de Google España
“Con la llegada de la TV a Internet habrá que cambiar de aparato cada año y medio”
Javier Rodríguez Zapatero
El director general de Google España, Portugal y Turquía, Javier Rodríguez Zapatero, ha asegurado que una de las vías para cambiar el modelo productivo está en Internet porque “o sabemos manejarnos en este mundo, que crece tan deprisa, o no sabremos sobrevivir”.

Igualmente, habló de los efectos de la llegada de la televisión a Internet y aseguró que supondrá que “cada año y medio habrá que cambiar de aparato”

Ver o resto do artigo ▼

Algunhas afirmacións coma que los costes tecnológicos se dividen por dos cada año y siguen bajando son totalmente gratuítas e distorsionan a realidade (agás que se refira unicamente ao custo dos soportes de almacenamento). A tecnoloxía non avanza a tal velocidade nin de broma, en grande medida porque unha cousa é o avance potencial e outra ben diferente é que a economía poida dar soporte a tal evolución. Dito doutro xeito: levamos uns anos nos que a conxuntura económica está a frear o cambio tecnolóxico, o que podemos ver claramente na idade dos ordenadores que temos na casa ou nas empresas. Vaia, que cousas coma o Windows XP aínda están moi presentes pese a considerarse un sistema operativo obsoleto. Dá que pensar…

Pero a traca final é cando Javier Rodríguez Zapatero asegura que a Internet vai fagocitar a todos os medios de comunicación (será la plataforma única y primordial para los medios de comunicación), o que é unha afirmación excesivamente ousada, que pouca xente sostén, xa que estamos rodeados de exemplos de novos medios que non mataron aos seus predecesores (nin a televisión matou á radio, nin a Internet ten por qué matar á televisión). Amais, a afirmación e que o achegamento da televisión á Internet nos obligará a cambiar de aparato de TV cada año y medio paréceme unha soberana tontería. ¿Acaso cambiamos de ordenador cada ano e medio para poder acceder aos contidos da Internet? De feito, hai máis de 10 anos falábase de que o ciclo de vida dos ordenadores nas empresas era de 3 anos, pero ese prazo en vez de reducirse, amplíase ano a ano, e os equipos actuais normalmente superan as necesidades da grande masa de usuarios.
Se a iso engadimos que o televisor aínda é un electrodoméstico, ou sexa, que case ninguén muda de dispositivo se o anterior non falla (como acontece coas lavadoras ou os frigoríficos), falar da súa renovación frecuente é unha utopía (os televisores non son móbiles, pese a que teñan un prezo cada vez máis semellante). De feito, incluso estamos a ter problemas para pasar a formato panorámico (tanto nos televisores coma nas canles de televisión, que continúan a emitir en 4:3 en moitos casos)… ¡xa nin falemos da alta definición!

Espero que esas afirmacións do director xeral de Google España fosen unha mala interpretación dun xornalista, pois dá a impresión de que está a soltar unhas fanfurriñadas innecesarias dentro dun discurso bastante atinado, pois quitando as afirmacións propias dun axente comercial, a visión optimista do sector TIC que ten Zapatero agradécese.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...