Ramón Biosca, de Nada Partidarios (programa da canle de televisión de Intereconomía), publica no seu blog unha versión dunha canción de Coti na que fan burla de Zapatero:
Hai que admitir que o vídeo está moi currado, xa que as imaxes teñen moita mensaxe política, reforzando o que di a letra da canción. Iso si, cando se meten con Zapatero non se produce unha reacción de rexeitamento e dura crítica contra o vídeo, mentres que cando é ó revés a reacción non se fai esperar.
Pero tamén habería que tirarlle as orellas ós humoristas de toda España, que parece que só saben facer burla da dereita. Meterse coa esquerda tamén é divertido, e un pode facer humor cos políticos aínda que comparta o seu ideario, ¿verdade?
Dende o PSOE parece que tamén o entenden así, e eles mesmos sacaron un vídeo no que se rin lixeiramente de Zapatero, para dar a entender que a guerra dos vídeos se pode facer con humor:
AdioZ a todoZ, «con Z de Zapatero».
19 Outubro, 2007