Porque isto é tráfico

No Telexornal da TVG están a dicir que esta fin de semana un vídeo musical do programa Land Róber chegou a liderar as reproducións en YouTube. Trátase dunha parodia...

No Telexornal da TVG están a dicir que esta fin de semana un vídeo musical do programa Land Róber chegou a liderar as reproducións en YouTube. Trátase dunha parodia do Waka Waka de Shakira, no que aprovéitase a criticar a Tráfico, e que resulta bastante divertido:

Ver letra ▼

O que non acabo de entender é a qué vén que digan que o vídeo foi o máis visto en YouTube durante a fin de semana, pois só tivo un pouco máis de 50.000 reproducións en 2/3 días, e hai varios vídeos españois que tanto o sábabo coma o domingo superaron as 100.000 reproducións. Supoño que alguén fiouse da información amosada por YouTube Charts (que é moi pouco fiable), aínda que para min é moito máis rechamante que a principal fonte de reprodución do vídeo en cuestión fose Facebook e non YouTube (dá que pensar).
De todos os xeitos, parece que é un dos éxitos galegos máis rápidos en YouTube, o que non está nada mal. Apostaría a que xa hai máis de un que leva a canción no móbil.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS