O iPod pode ser mortal

A Policía de Nova Gales do Sur (Australia) está a desenvolver unha campaña de concienciación sobre o perigo do uso de reprodutores de MP3 mentres se vai pola rúa,...

iPod mortal
A Policía de Nova Gales do Sur (Australia) está a desenvolver unha campaña de concienciación sobre o perigo do uso de reprodutores de MP3 mentres se vai pola rúa, pois parece que o número de mortes de peóns mentres escoitaban música está a acadar proporcións de epidemia.
O anuncio im

preso paréceme moi orixinal, e agardemos que cause efecto, e que se espalle globalmente. ¿Tan difícil é de entender que pola rúa non se pode levar a música moi alta? O mesmo se pode aplicar ó interior dos automóbiles (se levas a música a tope non escoitarás ó resto do tráfico, o que pode ser perigoso).
Tampouco hai que esquecer que levar a música a un volume elevado durante moitas horas contribúe á perda de audición, de xeito que como non se cambie o hábito imos ter que falar alto non só ós anciáns, senón tamén ós maiores de 50 anos 🙁

zp8497586rq

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...