Pon un Photoshop na túa vida

O Photoshop é unha aplicación que mudou para sempre o mundo da imaxe, e agora podemos estar sempre cunha pel perfecta, ocultar detalles indesexados dunha instantánea, modificar encadres… en...

O Photoshop é unha aplicación que mudou para sempre o mundo da imaxe, e agora podemos estar sempre cunha pel perfecta, ocultar detalles indesexados dunha instantánea, modificar encadres… en definitiva, mellorar a aparencia da realidade para a súa conservación futura. Pero, ¿e se puidesemos facer o mesmo coa nosa vida diaria? Esa é a proposta de I have PSD, unha peza multimedia que recoñece a importancia do Photoshop:

Para min a relevancia do Photoshop queda patente cando vemos que moita xente empregan verbos coma fotoshopear/fotochopear, deixando claro que o fotochó transcendeu de marca a palabra de uso cotián, coma os kleenex ou os donuts, para envexa de Apple e Microsoft, pois as mazás e as fiestras chegaron antes aos dicionarios que as aplicacións informáticas aos nosos escritorios 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...