O Photoshop é unha aplicación que mudou para sempre o mundo da imaxe, e agora podemos estar sempre cunha pel perfecta, ocultar detalles indesexados dunha instantánea, modificar encadres… en definitiva, mellorar a aparencia da realidade para a súa conservación futura. Pero, ¿e se puidesemos facer o mesmo coa nosa vida diaria? Esa é a proposta de I have PSD, unha peza multimedia que recoñece a importancia do Photoshop:
Para min a relevancia do Photoshop queda patente cando vemos que moita xente empregan verbos coma fotoshopear/fotochopear, deixando claro que o fotochó transcendeu de marca a palabra de uso cotián, coma os kleenex ou os donuts, para envexa de Apple e Microsoft, pois as mazás e as fiestras chegaron antes aos dicionarios que as aplicacións informáticas aos nosos escritorios 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.