Rapear ¿contra as redes sociais?

Está a circular con certa intensidade polas redes sociais o último videoclip do rapeiro TOTEKING co tema Redes Sociales, no que critica o uso que dan algúns a Facebook,...

Toteking - Redes SocialesEstá a circular con certa intensidade polas redes sociais o último videoclip do rapeiro TOTEKING co tema Redes Sociales, no que critica o uso que dan algúns a Facebook, Twitter e Tuenti, o que parece un tanto paradoxal, pois está claro que este tema o que busca é ter repercusión nesas mesmas plataformas.
Aínda que moitos pensen que o tema é unha crítica ás redes sociais, con fixarse na letra un chisco veremos que en realidade está a falar do exhibicionismo que teñen algúns grazas as posibilidades da Rede:

De todos os xeitos, non creo que a mensaxe de TOTEKING cale na sociedade, e seguiremos a ver como algúns individuos abusan da tecnoloxía, o que pode chegar a afectarnos persoalmente (ao non coidar a intimidade propia pode invadirse a intimidade allea).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS