Calidonia fala de redes sociais en Correo TV

O pasado xoves chamoume por teléfono Álvaro Veiga para preguntar se podería pasar un día por Compostela para falar de redes sociais para o seu programa en Código TV...

O pasado xoves chamoume por teléfono Álvaro Veiga para preguntar se podería pasar un día por Compostela para falar de redes sociais para o seu programa en Código TV Botafumeiro, pero estaba liado, polo que busquei axuda de Berto (o de Chuza, non o de Buenafuente) quen comentoume que Carlos Calidonia Neira estaba bastante ao día do tema, así que ruleille a Álvaro o contacto de Carlos, e este martes se puido ver o resultado, e agora tamén está na Rede:

Carlos explicou moi ben cómo vai o asunto, dando unha imaxe de mestre que é de agradecer, pois facilita aos profanos achegarse ao tema.

Algo está a pasar para que temas coma Facebook teñan tanta relevancia nos medios de comunicación de masas coma no seu día pasou cos blogs. ¿Caéchedes xa nas redes de Facebook, Tuenti ou algunha outra plataforma deste tipo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS