Redes sociais no Foro Aberto da TVG

A pasada noite no programa Foro Aberto da TVG puidermos ver unha pequena reportaxe dedicada ás blogueiras fillas de Blas, Paula e Nerea, que falaron con moita naturalidade ante...

A pasada noite no programa Foro Aberto da TVG puidermos ver unha pequena reportaxe dedicada ás blogueiras fillas de Blas, Paula e Nerea, que falaron con moita naturalidade ante a cámara (nótase que están afeitas a que fagan reportaxes sobre viagra from canada a súa precocidade bitacoril).
Xa no debate, Tati Mancebo tivo que facer de defensora das redes sociais ante outros interlocutores que teimaban nos supostos perigos da Rede, o que parece unha estratexia de defensa dos medios de comunicación tradicionais ou un simple exercicio de neoludismo:

Un dos apuntamentos máis interesantes foi o que fixo Blanco Valdés ao sacar o tema do futuro da prensa, a radio e a televisión, que agardo que dea pé a un debate posterior, aínda que non podo deixar de destacar que o comentario do polemista de La Voz de Galicia foi pouco atinado, por intentar crear unha fronteira entre soportes que daría credibilidade e veracidade, o que carece de toda lóxica.
Non esquezamos que a información non se publica na Internet, senón en medios en concretos, tendo cada un o seu propio nivel de confianza. Certo público debería entender que Google, Facebook ou Twitter non son fontes de información, e a credibilidade vén de quen publica os contidos, non da canle que nos leva aos mesmos.
Que os medios de comunicación contribúen á democracia coido que é algo innegable, pero a ameaza que supoñen os cambios tecnolóxicos só afecta ao seu modelo produtivo, ou sexa, que se a xente non paga polos xornais e a publicidade vende mal, ¿de onde sairán os soldos dos xornalistas? Se temos menos xornalismo teremos menos información, e iso si sería un problemas para a sociedade en xeral.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS