Impresionante trailer animado do xogo de El Intrépido Batman

As consolas de videoxogos de Nintendo van recibir en exclusiva un xogo baseado na serie de televisión El Intrépido Batman que puido verse en España grazas a Clan TVE,...

As consolas de videoxogos de Nintendo van recibir en exclusiva un xogo baseado na serie de televisión El Intrépido Batman que puido verse en España grazas a Clan TVE, e que chega o vindeiro día 10 ás tendas, destacando polo feito que que permitirá sincronizar a Wii e a Nintendo DS de xeito que 2 xogadores manexen aos personaxes principais (Batman, Robin, Green Arrow, Blue Bettle…) e quen teña a Nintendo DS poida controlar a Batmiúdo (¿lembrades cando saía tal personaxe na serie de debuxos de Batman que botaban na TVG?). ¿Entendes o concepto? De non ser así, velaquí tes un trailer do xogo no que o explican á perfección:

Quedei impresionado porque fixesen un anuncio animado para explicar esta innovación (aínda que outras consolas xa podían sincronizarse no pasado, coido que é a primeira vez que se fai sen fíos). Agardo que outros títulos sigan na mesma liña potenciando o xogo en familia e regalando anuncios de tanta calidade.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS