17 Agosto, 2010
Por moi divertido que fose o paseo das forzas imperiais pola compostelá Praza do Obradoiro, noutras partes do mundo buscan outros xeitos de dar a nota, e quedei abraiado pola produción que chega dende o Xapón, na que un soldado imperial rende homenaxe a Gene Kelly en Bailando baixo a chuvia:
Este frikazo bailongo non é outro que o popular Danny Choo, quen montou co español Héctor García a empresa Mirai Inc. Choo ten moitos vídeos nos que sae bailando disfrazado de Stormtrooper, pero desta vez superouse, aínda que a meirande parte do mérito teno Olivier Couston polo orixinal deseño dos seus mini stormtroopers.
Debe estar conectado para enviar un comentario.