O Chiki Friki do galego: berrea, berrea

A agrupación comarcal luguesa da Mesa pola Normalización Lingüística organizou o concurso Mobilízate pola túa lingua dentro da campaña Polo dereito a vivirmos en galego de cara a promover...

Cartel do Concurso Popular de VídeosA agrupación comarcal luguesa da Mesa pola Normalización Lingüística organizou o concurso Mobilízate pola túa lingua dentro da campaña Polo dereito a vivirmos en galego de cara a promover a manifestación que co mesmo lema se vai celebrar en Compostela o vindeiro 18 de maio.
Esta convocatorio está dirixida a todos os centros de ensino de Galicia (e ás escolas de Imaxe e Son) para que ilustren os problemas en torno ao idioma galego na vida cotiá desde distintos puntos de vista (que van dende o humor ata a mera descrición). A duración máxima das pezas é de 2 minutos, e xa comezan a verse no blog da Mesa en Lugo.
A min fíxome especial graza (como non podería ser doutro xeito) o clip do Chiki Friki do galego:

A letra non está moi currada:

¡Berrea, berrea! (..) E a nosa lingua fálase así:
1- O Paco Vázquez
2- O de Bin Laden
3- Superpiñeiro
4- O Don Manuel

E a voz do intérprete aínda é peor, pero debo de ter algunha chiki-enfermidade, porque gustei do vídeo. Agora só falta unha versión do Chiki Chiki coa Chiqui Martí bailando 😮

ACTUALIZACIÓN: Para completar esta entrada, imos galeguizar máis o Chiki Chiki coa versión de Siniestro Total no programa de Buenafuente:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS