Bos Días ao Museo Virtual da Torre de Hércules

Esta mañá no Bos Días da TVG comezamos a falar do lanzamento do iPad, porque era a novidade tecnolóxica do día, aínda que admito que quedei sorprendido polo feito...

Esta mañá no Bos Días da TVG comezamos a falar do lanzamento do iPad, porque era a novidade tecnolóxica do día, aínda que admito que quedei sorprendido polo feito de que non houbese moitos problemas para conseguirlos nas tendas. Vese que o feito de que estivese esgotado na web non afectou á distribución tradicional en Galicia (outra cousa é nas grandes cidades españolas, onde incluso houbo colas para mercar o trebello):

Tras cumprir con Apple (e iso que non paga) falamos con Manuel Pan de Abertal sobre a súa recreación tridimensional da Torre de Hércules de A Coruña e o seu Museo Virtual:

Gústame cando temos amigos de visita no plató da TVG, especialmente se presentan cousas que visualmente son atractivas, aínda que foi unha mágoa que Carlos Amado tivese que controlar o sistema dende un ultraportátil (o que é máis difícil do que parece, aínda que botasemos unhas risas á súa costa). 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS