O Test Impertinente que ocupa a contraportada da edición de hoxe de El Progreso foi dirixido á miña persoa, o que quixeran entender que é pola miña condición de residente en Melide na rúa Progreso, que é unha curiosa coincidencia 😉
O cuestionario é obra de Marta Veiga (que hai cousa dun ano fixera un test semellante a María Yáñez) e a fotografía que o acompaña, de Moisés Mateo:
MARCUS FERNÁNDEZ – O asesor de novas tecnoloxías do magacín Bos Días da Galega é un informático melidense que se contacta co mundo a través de Código Cero e Marcus.es.
«Recomendo o Twitter de Belén Esteban»
1. Unha noticia para 2010?
a) Albiscamos a luz ao final do túnel da crise.
✘b) A fenda dixital en Galicia pasa á historia.
c) Atopan unha solución para o quecemento global.2. Imprime máis carácter…
a) Ser informático e ver calquera cousa en uns e ceros.
✘b) Ser dos arciprestado de Abeancos e de Melide. Si, si, si; somos de Millí!
c) Saír na tele. Agora as señoras páranme pola rúa.3. Una lenda urbana (ou rural) para desmontar?
a) A pota do polbo do Ezequiel é a marmita na que caeu Obélix de neno.
b) Os informáticos fan moitos máis cousas que dicir: «Reinicia».
✘c) O do iPad non é para tanto, pero —por se acaso— eu xa encarguei o meu.4. Confese, cal destas ideas lle gustaría ter parido:
a) Algunha rede social coma o Facebook ou o Tuenti (e estar tan forrado coma os seus creadores).
✘b) O buscador Google (e estar tan forrado coma o seu creador, claro). De feito, son dono do Guguel.com, pero non saco un can delo.
c) Algunha con interese comunitario como o Eufalo.tv, de A Navalla Suíza.5. Cal destas reflexións é verdadeira?
✘a) Internet é un medio que democratiza a cultura e a información.
b) A rede contribúe a que bulan as intoxicacións e as mentiras.
c) Non te fíes nunca da Wikipedia.6. E mentira?
a) A fenda dixital acrecenta máis as diferencias no acceso á información.
b) Internet é o xeito máis rápido para conectar xente.
✘c) Para todo o demais, a Wikipedia. Para atopar de todo na Wikipedia é preciso facer contribucións. De Galicia hai pouco na Rede; deberiamos apostar polos contidos de Galicia e en galego para crear unha identidade en liña.7. Nunca faría?
a) Facerme seguidor do Twitter de Belén Esteban ou de María José Campanario.
b) Debatir con alguén da SGAE sobre a piratería e as descargas dixitais.
✘c) Agregar a miña nai ou a miña avoa como amigas no Facebook. De feito, as outras opcións recoméndoas (especialmente o Twitter de @laesteban, que é moi divertido).8. Con que perde o sono?
✘a) Co vindeiro lanzamento de Apple. Que argallarán agora?
b) Á hora de pagar o ADSL.
c) Saber o programa das festas de San Roque. Volverán tocar xuntas a París de Noia e a Panorama?9. E un sono feito realidade?
a) Que poñan wifi no Pili ou no Noso Bar e en todos os bares dos viños de Melide.
b) Que o Caralampio pase a ser patrimonio inmaterial da Unesco.
✘c) Que a alfabetización dixital sexa un feito para a meirande parte da poboación de aquí a dez anos. O do Wi-Fi cada vez é máis prescindible e posiciónome totalmente encontra de que o Caralampio sexa Patrimonio da Humanidade, para os de Melide é a nosa festa e non da Humanidade.10. Móllese:
✘a) PC. En vista de que agora aos eventos tecnolóxicos vai case toda a xente con portátiles de Apple, agora se queres ser distinto tes que apostar polo PC.
b) MAC.
c) Pasopalabra.
E si, o de seguir a @laesteban, vai en serio. Solta cousas coma:
MAQUILLÁNDOME PARA SALIR A PRESENTAR MI APLICACION PARA EL AIFON. BESOS DESDE ESTADOS UNIDOS
Comentarios que están ben para variar un pouco entre os centos de tuiteos tecnolóxicos. Polo momento ten 1.900 seguidores en Twitter, polo que xa estades a tardar a apuntarvos.