Nexus One (I): Recibindo o terminal

A primeiros de ano decidín que o mes de abril, data na que se estimaba a chegada a España do móbil Nexus One, ía mudar do meu vello iPhone...

A primeiros de ano decidín que o mes de abril, data na que se estimaba a chegada a España do móbil Nexus One, ía mudar do meu vello iPhone 2G ao terminal promovido por Google ou a outro móbil semellante (de feito, gusto máis do seu irmán, o HTC Desire, que vén con radio FM activada e substitúe o trackball físico por un trackball óptico). Finalmente a chegada a Europa dos móbiles co sistema operativo Android 2.1 demorouse bastante, e finalmente foi o mes de maio o elixido para a súa comercialización, coincidindo coa feira Google I/O, na que ían presentar o Android 2.2, polo que decidín agardar a tal evento para decidir o terminal que pillar.
Unha vez presentada a nova versión de Android alcumada Froyo, que melloraba considerablemente o rendemento do sistema operativo e incorporaba novidades como a compatibilidade con tecnoloxía Flash na web, vin que era un momento ideal para dar o paso, e ante ante a falta dun calendario de actualizacións para os mellores móbiles con Android que hai no mercado (concretamente o mencionado HTC Desire e o impresionante Samsung Galaxy S), decidinme polo Nexus One. Cal foi a miña sorpresa cando, ao consultar o prezo ao que me sairía o móbil por puntos con Vodafone, vexo que tiña que apoquinar preto de 400 euros polo Nexus One (cando por eses cartos é posible pillar o HTC Desire ¡libre!), polo que fixen a xogada de pedir a portabilidade a outra compañía. Chámanme, e ofrécenme o Nexus One por menos de 200 euros (ou sexa, dividiron o prezo directamente entre 2), o que considerei que seguía sendo un abuso, pois ao renovar o terminal adquiría un compromiso de permanencia de 18 meses cunha tarifa de datos de 15 euros/mes, polo que optei por ir pola brava e, aínda que non coñecía a ninguén que fixera a xogada, decidión rebotar de compañía: ou sexa, completei a portabilidade a Simyo (operadora que non ten compromiso de permanencia) e o mesmo día que me activaron a liña, solicitei unha portabilidade a Vodafone como autónomo para aproveitar unha promoción coa que me deixan o Nexus One por 0 euros cun compromiso de permenencia de 18 meses que, en caso de non respectalo, conleva unha penalización máxima de 150 euros (¡¿ein?!). De todos os xeitos, a miña intención é seguir con Vodafone, pois é a compañía coa que estou máis satisfeito. Iso si, o que podo asegurar é que os cambios de compañía non cumpriron (en ningún dos 2 casos de portabilidade que fixen) cos prazos marcados por lei, tardando o proceso bastantes días máis dos prometidos polas operadoras: comecei o 21 de maio o proceso de portabilidade de Vodafone a Symio e rematei o paso de Symio a Vodafone o 17 de xuño, ou sexa, preto dun mes nun proceso que debería levar menos de 2 semanas.

O Nexus One recibino o pasado martes, e decidín facer un unboxing do terminal, que vén nunha caixa que lembroume moito á do iPhone, pese a ser en cor branca (cando o iPhone vén nunha caixa negra):
Caixa do Nexus One de Vodafone
Caixa aberta
Contido
O paquete inclúe o móbil, unha funda, a batería, unha tarxeta SIM, cargador, cable USB-micro USB para conectar o móbil ao PC, uns auriculares (cómodos e de bastante calidade) con micrófono e controis de salto de canción e reprodución/pausa/responder o teléfono (tamén traen pinza e almofadiñas para os auriculares, pero son elementos opcionais).
Acendido
O acendido do móbil impresiona bastante, por presentar unha animación moi colorida na que podemos apreciar a boa resolución de pantalla do terminal (480 x 800 píxeles). Amais, emprega tecnoloxía AMOLED, polo que en interiores a súa visibilidade é moi boa (baixo a luz do sol non se ve un carallo).
BenvidaUnha vez prendido o aparello a cousa é bastante discreta, principiando cun asistente que guíanos na configuración inicial do móbil, proceso moi sinxelo sempre que sexas usuario de servizos de Google.
Vaia, que para alguén que use Gmail, Twitter e Facebook, a integración destas 3 plataformas no móbil é case directa, introducindo no terminal todos os contactos nestas redes sociais de xeito que, en pouco tempo, temos controlados a todos os nosos amigos dende o móbil, aínda que para todo iso hai unha pega moi grande: importar directamente os datos doutro móbil ao terminal novo é unha tarefa imposible (temos que pasar polo aro de Google para levar a nosa vella axenda ao novo móbil). Hai ferramentes que pretenden axudar neste proceso, pero ningunha é perfecta. Ao final, unha das cousas máis prácticas é exportar/importar a información en ficheiros CSV 🙁

Nos vindeiros días procurarei falar un pouco máis da miña experiencia co Nexus One e con Android, así como as diferenzas co iPhone, que van máis alá do filosófico (aínda que non debería).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • A CIA non me espía 😪

    Esta mañá achegueime ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia, para falar das últimas filtracións de WikiLeaks, nas que daban a entender de xeito sensacionalista...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...
  • LGx15 en YouTube

    O pasado 24 de novembro celebrouse a segunda edición do LGx15 organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), e nas últimas semanas foron subindo á súa...