Goretoxo fala de dereitos de autor no Foro Aberto

Aínda que parecía que ían falar da polémica Lei de Economía Sustentable, finalmente a intervención de Pedro goretoxo Silva no programa Foro Aberto da TVG foi bastante xenérica, converténdose...

Aínda que parecía que ían falar da polémica Lei de Economía Sustentable, finalmente a intervención de Pedro goretoxo Silva no programa Foro Aberto da TVG foi bastante xenérica, converténdose nunha defensa da reformulación do modelo de dereitos de autor para axustarse á realidade, onde a distribución de contidos en soporte físico está a perder forza, deixando obsoletas leis promulgadas no tempo tecnolóxico da imprenta:

A intervención de Pedro pareceume moi atinada, pero o pouco tempo que deron ao tema no programa fixo imposible a existencia dun debate, quedando sen contrastar a meirande parte das afirmacións que facían tanto Silva coma Barreiro Rivas.
Posiblemente é imposible chegar a un consenso entre todas as partes (hai moitos axentes implicados), pero sobre o que non debería haber ningunha dúbida é de que a propiedade industrial e os dereitos de reprodución non deberían anteporse aos dereitos dos cidadáns, carecendo de sentido que a protección da propiedade intelectual teña prioridade en sede xudicial fronte a delitos de verdade

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS