Esta semana no Faladoiro de Correo TV dialogaron sobre a transición á televisión dixital terrestre (TDT), contando coma conviados con Ignacio Otero, subdirector xeral de Enxeñería e Planificación de Telecomunicacións da Xunta de Galicia; Ángeles Vázquez, deputada provincial e anterior alcaldesa de Melide; Miguel López, secretario da Unión de Consumidores de Galicia e Santiago Rey, director general de TRedess.
O vindeiro martes pola noite vaise volver a emitir o programa, pero quen o perdera no seu día, non queira agardar, ou non sintonice Correo TV, pode ver a tertulia sobre a TDT a continuación:
Resultoume curioso ter coñecido en persoa a todos os interlocutores agás a un (Santiago Rey), e aínda que os puntos de vista que deron a meirande parte dos convidados eran moi formais, coido que superado o apagamento analóxico vai cobrar máis importancia o perspectiva de Miguel López, pois a información sobre a TDT pasará a un segundo plano, e serán os consumidores os que poranse a esixir un mellor servizo (actualmente é un pitorreo que anden que reaxustes de frecuencia, cambios de potencia e cousas polo estilo, que forzan que en moitos equipos haxa que resintonizar as canles cada poucos meses).
Eu continúo a protestar pola falta de contidos a través da TDT, o que podería agravarse en vista de que boa parte das concesións de TDT de ámbito local están a quedar no limbo, xa que nas últimas semanas o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegais as concesións de Ferrol e Pontevedra, ás que poderían seguir outras cidades galegas coma Lugo (onde repítese a mesma ilegalidade). Queda así constancia que o reparto de licenzas de TDT en Galicia foi unha trapallada absoluta, resultando prexudicados os profesionais do sector e os espectadores.