A TDT de ámbito local chega a Melide

O pasado mércores Modesto informou no seu blogue do inicio de emisións en TDT por parte de Correo TV e Localia en Santiago de Compostela, o que supón un...

O pasado mércores Modesto informou no seu blogue do inicio de emisións en TDT por parte de Correo TV e Localia en Santiago de Compostela, o que supón un momento histórico para a televisión local en Galicia, pois se trataría das primeiras emisións dixitais de ámbito local da comunidade autónoma.
Chegada a fin de semana déuseme por probar en Melide a ver se era posible recibir tales sinais e por fortuna é así, aínda que non con tanta potencia como outras canles, e tomei as capturas de rigor:
Faladoiro - SusanaFaladoiro - plano xeralFaladoiro - convidadoFaladoiro - plano de escoita
Iso si, ao facer as probas a certas horas, con Localia as imaxes non son as máis representativas da canle televisiva (¿ou si?):
peli de Localia 1peli de Localia 2peli de Localia 3peli de Localia 4
Para a xente que queira comezar a recibir estas canles no seu receptor de TDT indícolle que non é preciso (normalmente) que volva a sintonizar e ordear todas as canles, senón que normalmente dándolle a busca manual e indicándolle que explore a canle 23 do UHF xa lle aparecerán as 2 canles novas (normalmente despois das que xa están buscadas ata o momento).
Paréceme que é unha boa nova, pois mellora a oferta audiovisual en Melide, aínda que só a van recibir as persoas que teñan unha boa instalación, pois estas canles chegan cun pouco menos de potencia que o resto (nun dos receptores da miña casa Correo TV aparecía cunha calidade de sinal do 78% mentres que as canles estatais tiñan un 87%). O mellor do asunto é que así a programación destas canles locais será doada de seguir dende Melide, pois coa mala recepción por analóxico era imposible seguir as emisións nalgúns momentos… xa estou vendo á xente de Dez TV seguindo a política do Canal 7 madrileño (o da Hornillos), pedindo que a xente quede en analóxico, para que non se muden á competencia 😮

NOTA: Correo TV parece que emite polas dúas canles de son, mentres que Localia emite só pola esquerda, o que resulta bastante molesto en televisores estéreo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS