Hoxe en La Voz podiamos ler a seguinte nova:
La biblioteca melidense adquiere una colección de 500 cómics
La biblioteca municipal de Melide, Xosé Vázquez Pintor, dispone de un nuevo reclamo para sus usuarios. Se trata de una colección de cómic y banda diseñada que el Concello adquirió recientemente para crear una sección dedicada a este tipo de literatura, que, cada vez, tiene más aceptación tanto en el público infantil y juvenil como entre los lectores adultos. La colección está formada por quinientos títulos, principalmente juveniles, aunque también pueden encontrarse referentes de la banda diseñada como Animal man o El último hombre.
La literatura manga ocupa, asimismo, un espacio destacado en la colección con títulos como Evangelium, y también las historias clásicas como la de Mafalda, o las de aventuras de superhéroes como Superman.
Quedei un tanto sorprendido ao ler que falaban de crear una sección dedicada a este tipo de literatura
, posto que eu lembro que na Biblioteca de Melide houbo comics toda a vida (precisamente alí foi onde lin as coleccións de Astérix, Tintín e Lucky Luke, e incluso algúns números da revista Cimoc e máis material sumamente interesante, entre os que non faltaba algún Don Miki) e do que non hai ningunha dúbida é de que os comics non son literatura (a novena arte ten unha identidade de seu).
Tamén pareceume algo raro que escribiran mal o nome da serie de Evangelion, pero o certo é que a deturpación de títulos era moito máis esaxerada na nova que publican na web do Concello:
Melide adquire unha colección de 500 comics para a súa biblioteca
Os títulos van dende os dirixidos a público infantil, a grandes heroes, clásicos e manga. A biblioteca Xosé Vázquez Pintor está a traballar na súa catalogación para que poidan ser incluídos no servizo de préstamo a domicilio.A biblioteca municipal de Melide, Xosé Vázquez Pintor, ten estes días un novo reclamo para todos os seus usuarios. Trátase dunha nova colección de cómic e banda deseñada que o Concello vén de adquirir para crear unha sección dedicada a este tipo de literatura que cada vez ten máis arraigo, tanto entre o público infantil e xuvenil como entre os lectores adultos.
A colección, que xa pode consultarse na biblioteca municipal, está formada por cincocentos títulos, principalmente xuvenís, pero tamén se atopan títulos de referencia da banda deseñada, como Animal man ou El último hombre. A literatura manga ten o seu espazo nesta colección a través de títulos como La espada del inmortal ou Evangelium, que constitúen volumes de referencia deste tipo de literatura. Ademais, tamén podemos divertirnos coas historias máis clásicas e entrañables de Mafalda ou Homer Simpsom, ou coas aventuras dos grandes heroes de todos os tempos, nas versións máis cobizadas, como é o caso de Superman Rojo, Batman Año I ou Blake y Mortimar.
A concelleira de Cultura, Conchi Castro, destacou que “a adquisición desta colección de cómic e banda deseñada diversifica a oferta cultural da biblioteca, e abre novas posibilidades para os amantes deste tipo de literatura, que cada vez atopan máis títulos na biblioteca. O persoal técnico da biblioteca está a traballar na catalogación destes cincocentos volumes para que nos vindeiros días poidan formar parte das coleccións que é posible consultar a través de préstamo domiciliario.
Si, aquí repiten o de Evangelium pero tamén escriben mal o apelido Simpson, de Y, el último hombre omiten xusto o nome da serie (Y) e tamén mudan unha letra de Blake y Mortimer.
Pero iso é o de menos. O caso é que agora os melidenses que non merquen comics habitualmente van ter un xeito de achegarse a este tipo de obras, e igual así anímanse a introducirse nese tipo de lectura, con peculiaridades propias do seu medio, e que son unha importante influencia na nosa cultura (aínda que sexa por contaxio norteamericano a través do cine e a televisión).
Confío en que os volumes adquiridos pechen as súas liñas argumentais (ou sexa, que series coma Y ou Akira estean completas) porque senón, algunha xente vai pasalo moi mal, xa que atopar números soltos de series de cómic non é unha tarefa doada (especialmente canto máis vella é unha colección).
A min esta nova fíxome lembrar os tempos da I Semana do Cómic de Melide, na que a Biblioteca (aínda no edificio do Concello) montara unha exposición moi interesante, que aproveitaran para a adquisición de comics realmente representativos naquel momento, que ían, segundo creo lembrar, dende algún tomo coas mellores historias de Batman ata a novela gráfica de Epicuro El Sabio. Alédame moito ver que é posible seguir avanzando nesa liña.
ACTUALIZACIÓN: Algúns comics xa aparecen no catálogo en liña da Biblioteca.
Debe estar conectado para enviar un comentario.