5 cousas

Leva uns días circulando pola blogosfera un meme no que a xente se dedica a contar 5 cousas que normalmente non comenta no blog, e Catuxa xa me liou...

Leva uns días circulando pola blogosfera un meme no que a xente se dedica a contar 5 cousas que normalmente non comenta no blog, e Catuxa xa me liou para seguir o conto:

  • Nacín en Santiago de Compostela, onde vivín ata os 6 anos. Crieime en Melide e estudiei (e vivo actualmente) na Coruña. Tamén veraneaba de cativo en Rianxo, polo que autodefinirme coma coruñés ou melidense non resulta moi axeitado. Coido que con galego a definición sería máis atinada
  • Odio os touros: cando era pequeno e sentaba diante do televisor co bocadillo de Nocilla e en vez de Barrio Sésamo emitían touros quedaba sempre indignado (especialmente porque non avisaban do cambio de programación)
  • Odio o fútbol: polo mesmo moito que o anterior, engadindo que é un deporte que monopoliza a sección de deportes dos informativos e as tardes/noites dos domingos
  • O meu primeiro ordenador foi un ZX Spectrum +2 (o gris con cassette), que me regalaron cando me operaron da vesícula biliar en febreiro de 1987, ano que casualmente sería o do xurdimento dos ordenadores de 8 bits en España (en grande medida porque ERBE baixara os prezos dos xogos de unhas 2.500 pesetas a 875).
  • A partires do Mortadelo e os Superhumores pasei a Spider-Man e logo a Batman e Superman (na etapa de Crisis en Tierras Infinitas), e dende aqueles tempos continúo a ler comics ata xuntar unha colección que ocupa toda unha parede do meu dormitorio en Melide (a miña nai mandou que me fixeran un moble para gardar tanta cousiña como tiña). Para min a colección non é moi grande, pero para o que non sexa friki

Tamén podería falar do cine que me gusta, os dos programas de televisión e radio, pero iso xa son temas que trato moi por aquí, así que é doado coñecer os meus gustos (aínda que teño pendente facer unha listaxe coas miñas películas en DVD favoritas).
Aproveito a ocasión para invitar ós que teñan o seu blogue que continúen este meme e, ós que non o teñan, que fagan o propio nos comentarios.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • Gayoso xa ten figura Pop! de Funko

    A pasada noite no programa Luar da Televisión de Galicia o melidense Manuel DeAndrade tivo a ben entregarlle a Xosé Ramón Gayoso unha figura Pop! inspirada na súa persoa,...
  • Os capos da Galega saltan ao baleiro

    O grupo coruñés Nortones estrea vídeo musical, Salto Al Vacío, da xente de Dreamovie, e que contou con moitas caras coñecidas: Un puntazo poder ver xuntos aos principais capos...