As porporcións da TVG en dixital: ¿o mundo ao revés?

Hai uns días a miña nai chamome por teléfono porque a TVG víase mal, e saía a imaxe deformada. Comentellei que debía de ser un erro de formato a...

Hai uns días a miña nai chamome por teléfono porque a TVG víase mal, e saía a imaxe deformada. Comentellei que debía de ser un erro de formato a través da TDT e que probase a ver a emisión en analóxico e, sorprendentemente, solucionouse o problema.
A incidencia repetiuse en numerosas ocasións, e hoxe mesmo puiden vela durante a emisión de Matalobos:
Matalobos deformado
Podedes ver cómo o efecto é realmente molesto, especialmente porque estamos ante unha serie de televisión que pese a estar gravada en 16:9, a emiten con bandas negras (supoño que para tocar as bolas da xente que ten un televisor novo), pero que ao emitila en 16:9 (despois de engadirlle as bandas negras) queda a imaxe totalmente deformada.
A cousa non quedou aí, senón que nese momento mirei en G2 a ver se pasaba o mesmo e a miña sorpresa foi maiúscula ao ver que era xusto ao revés:
partido deformado
A redifusión do partido de baloncesto que debería verse en 16:9 estaba a emitirse en 4:3, polo que sospeito que o sistema encargado de marcar a relación de aspecto nas emisións da TVG ¡está ao revés! Terei que comprobalo, pero sospeito que a vindeira vez que boten algo en 16:9 na G2 van deformarse as emisións da TVG.
O peor de todo isto é que dá a entender que a xente que ten que controlar as emisións da TVG está a recibir o sinal en analóxico, pois doutro xeito non se entende que estean a repetir este tipo de incidencias durantes semanas, cando non pasa nada semellante a ningunha outra canle.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS