En vista do éxito que acadou no Facebook, replico no blog un corte do Bos Días da TVG, no que podemos ver a Manuela Busto, filla de Severino Busto, home que faleceu mentres visitaba Santo André de Teixido, tras o que o cura do lugar decidiu continuar coa misa que tiña que ofrecer, no que parece unha situación un tanto rechamante, non só pola falta de sensibilidade do cura, senón tamén porque á familia do difunto parecéselle ben:
Podedes ver máis detalles do suceso en La Voz de Galicia, aínda que para min é máis impactanto o testemuxo directo da filla. Sobre a distancia entre Fontecada e Santo André, segundo Google Maps é duns 169 quilómetros. Vaia, que era lonxe, ¿eh? É moi lonxe, é moi lonxe, eu pensei que non era tan lonxe, ¿eh?
.
De todos os xeitos, estamos ante un caso rechamante, pois Severino Busto coido que é a primeira persoa confirmada que foi a Santo André de Teixido unha vez de morto e outra vez de vivo.
ACTUALIZACIÓN (30-10-2009): No blog de Manuel Gago a cousa está a dar moito que falar. Tamén comentan a parodia que fixeron en SLQH:
ACTUALIZACIÓN (1-11-2009): En Menéame tamén montaron bulla.