If I were a rich man

O pai de Leo remíteme un meme. Trátase de citar 5 cousas excéntricas que faría se fose millonario. Vou intentar responder: 1- mercaría o metro de Madrid e o...

O pai de Leo remíteme un meme. Trátase de citar 5 cousas excéntricas que faría se fose millonario. Vou intentar responder:
1- mercaría o metro de Madrid e o faría peonil. E os xubilados ¡gratis! (Faemino e Cansado tamén teñen ideas xeniais)
2- editaría en DVD algunha serie e película que lembro da miña infancia e que non dan publicado nin pa dios (a de Superman de 1987, a peli de Howard. Un nuevo héroe e cousas polo estilo)
3- faríame con algunhas ilustracións orixinais dos meus debuxantes de comics favoritos, e incluso encargaría algún deseño personalizado e curioso
4- montaría unha biblioteca na casa cun busto de Shakespeare no que se agochase o interruptor que abrise o acceso á miña cova segreda
5- cambiaría as cabinas de Cabitel de toda Coruña por réplicas do Tardis do Dr. Who (e que se acendese a luz do tellado cando alguén fixese unha chamada).

Por suposto, tamén cantaría a seguinte canción:

Do que si pasaría é de facer unha piscina como a do Tío Gilito, pois debe de mancar bastante iso de nadar en moedas. Tamén me parecería algo pedante encargar a composición dunha ópera ou que fixesen unha estatua ecuestre (lo que cueste) da miña persoa.
O que non remato de saber é se un excéntrico é un tolo con cartos, ou unha persoa libre de facer o que lle dá a gana.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Os YouTurris

    Niko, o creador de Cálico Electrónico, anunciou hoxe a súa última movida, Los YouTurris, un esmendrelle político que por desgraza chega algo tarde, xa que estamos nos últimos días...
  • Un trailer chinés para incrementar o hype

    Por se non houbese expectación dabondo ao redor de El Poder de la Fuerza, chega un tráiler chinés con nova metraxe para por o hype polas nubes (ao carón da...
  • Melide celebra Manxares a vindeira fin de semana

    Esta semana escoitei na Radio Galega unha cuña na que citaban a Melide. Maaaandeeee?!?! Manxares?! Que é iso? Póñome a investigar… miro na web do Concello, e non din...
  • Darth Vader en Palomares!

    Levo tempo dicindo que confío en que este ano, cando chegue o 20D, algún friki dos que vaia disfrazado a ver El Despertar de la Fuerza ao cine pase antes polo...