Windows 8 no Bos Días da TVG

Esta mañá o programa Bos Días da TVG, pese a ser día festivo, transcorreu con normalidade, e contou coa súa sección de Novas Tecnoloxías dirixida por Carlos F. Amado,...

Esta mañá o programa Bos Días da TVG, pese a ser día festivo, transcorreu con normalidade, e contou coa súa sección de Novas Tecnoloxías dirixida por Carlos F. Amado, que conseguiu ser moi completo, abordando temas como os lanzamentos oficiais de Windows 8 e Windows Phone 8 ata o anuncio do posible sucesor de Apalabrados (Mezcladitos) ou a parvada de pór códigos QR nas lápidas dos camposantos (digo parvada, porque os QR poden deixar de utilizarse en poucos anos).

É moi de agradecer que Amado poida achegar este tipo de informacións na televisión autonómica, pois parece que a tecnoloxía como contido nos medios de comunicación de masas tradicionais ten cada vez menos peso, o que nalgún caso xustifícase polo feito de que o público interesado no tema é o que menos ve a televisión (algo moi discutible, especialmente á hora de establecer unha relación causa-efecto).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS