¿Cómo é Twitter realmente?

O humorista gráfico Ferrán Martín vén de capturar nunha imaxe a realidade de Twitter, para que o entenda calquera que non saiba de qué vai iso do microblogging: Coido...

O humorista gráfico Ferrán Martín vén de capturar nunha imaxe a realidade de Twitter, para que o entenda calquera que non saiba de qué vai iso do microblogging:
Twitter visto por Ferrán Martín
Coido que isto está inspirado nun innecesario informe de Peer Analytics que sostén que o 40,55% do que se publica en Twitter é leria inútil, só o 8,7% do publicado ten certo valor e só o 3,6% son novas… ¿unha sorpresa? Supoño que esta información pretende simplemente pór os puntos sobre os íes, pois Twitter non foi concibido coma unha plataforma de publicación de novas que compita con blogs e xornais, aínda que teña certa utilidade para seguir eventos de máxima actualidade.
Twitter é para o que é: compartir comentarios breves e efímeros. Pero como moitas plataformas de publicación, o soporte non marca o contido. Moitos son felices utilizando Twitter para contribuír á rexouba, outros contan o que están a facer a cada momento, algúns para comentar o que atopan pola web (e compartilo cos amigos) e incluso hai quen só quere facer autobombo. Todo iso non é nin bo nin malo, simplemente é.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS