Concerto de verán da A. C. Melide Vida Musical

A Asociación Cultural Melide Vida Musical organiza para o vindeiro sábado ás 21:00 horas na Igrexia Parroquial un concerto de verán no que, aparte de música clásica con temas...

A.C. Melide Vida Musical
A Asociación Cultural Melide Vida Musical organiza para o vindeiro sábado ás 21:00 horas na Igrexia Parroquial un concerto de verán no que, aparte de música clásica con temas de Händel e Strauss, interpretarán cancións de John Lennon, La Oreja de Van Gogh, Elvis Presley e Michael Jackson. A orquestra de corda que realizará o espectáculo está composta por 18 violíns, 7 violonchelos, 1 piano, 1 voz, 1 baixo, 1 guitarra eléctrica e percusión.
Buscan que este tipo de actuación convértase nun referente dentro da oferta cultural e musical do verán melidense. Supoño que estará bastante publicitado o concerto pola vila, pero por se acaso aviso dende este espazo, xa que dende a Asociación tiveron a ben informarme desta interesante iniciativa.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS