A A.C. Melide Vida Musical repetiu éxito co seu II Concerto de Verán

Dende a Asociación Cultural Melide Vida Musical comunícanme o éxito do Concerto de Verán que tivo lugar a pasada fin de semana: OUTRO GRANDE ÉXITO DA A.C. MELIDE VIDA...

II Concerto de Verán
Dende a Asociación Cultural Melide Vida Musical comunícanme o éxito do Concerto de Verán que tivo lugar a pasada fin de semana:

OUTRO GRANDE ÉXITO DA A.C. MELIDE VIDA MUSICAL
6º CHEO CONSECUTIVO NO II CONCERTO DE VERÁN

A Asociación Cultural Melide Vida Musical ofreceu o seu 2º Concerto de Verán
Tivo lugar o pasado sábado día 28, cando os máis de 30 compoñentes desta Asociación con idades comprendidas entre os 8 e 17 anos, ofreceron a todos os melidenses citados na Igrexa Parroquial de Melide o seu II Concerto de Verán.
O devandito concerto tivo un grande éxito, conseguindo así por sexta vez consecutiva poder encher o aforamento total da igrexa, (estimado en 400 persoas), do cal a asociación lle está moi agradecida ao pobo de Melide polo apoio, a acollida e o cariño que lle demostran, dándolle a forza necesaria para poder continuar co seu proxecto.
Neste concerto, os 18 violíns, 6 violonchelos, frauta, baixo eléctrico, contrabaixo, piano, batería e os 3 solistas, interpretaron os temas que tiveron máis éxito en concertos anteriores, así como temas novos que prepararon estes nenos durante un longo tempo, conseguindo así un abano de contrastes no que cada tema marcaba unha notable diferenza co anterior.
Contaron esta vez coa incorporación dun contrabaixo e coas voces de Concepción Rodríguez Fariña, Patricia Méndez Asorey e Xoán Curros Vázquez.
Coa interpretación do, esquecido nos últimos anos, Himno de Melide composto por dous melidenses coñecidos: letra de Don Ramón Fraga e música do mestre Fernando Vázquez Arias o que ocasionou a posta de pé de todo o público asistente que o aplaudiu e o coreou cos nenos.
No devandito concerto, o seu presidente Alfonso García, sabendo o gran potencial musical que existe na bisbarra de Terra de Melide, fixo un chamamento a todo aquel que teña algún coñecemento musical para lograr o seu obxectivo no próximo ano que non é outro que o de poder incorporar novos instrumentos á Asociación, co fin de crecendo pouco a pouco, non só en número de compoñentes, senón tamén, en poder ofrecerlles concertos, cada vez de maior diversidade e ao mesmo tempo poder aumentar o coñecemento musical dos nosos compoñentes.

Completaron a información con fotografías que ilustran a atención captada polo evento musical:
II Concerto de Verán dende arribapúblico do II Concerto de Veránmoza cantando no II Concerto de Veránmozo cantando no II Concerto de Verán

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS