¿Porretas desde o Atlántico? ¿Viñetas desde o Adriático?

Iso de cambiar lixeiramente os nomes de eventos e tendas pode levar a confusión a moitos, cando non pillan que é unha broma. Vaia, que hai anos cando ía...

Iso de cambiar lixeiramente os nomes de eventos e tendas pode levar a confusión a moitos, cando non pillan que é unha broma. Vaia, que hai anos cando ía a por comics a Tanxencias dicía que ía a Turxencias, e iso nunca levou a engano, pero nesta edición de Viñetas igual algún turista leva unha mala resposta cando pregunte por algún establecemento ou editorial baseándose no nome que figura nas súas casetas:
Ediciones La Cópula e El Putito Editorial

Libros de Zorra Roja

Logo tamén estaban El Basto Shop e Poca Distribución, o que quedaba máis disimulado (pois só perderan unha letra cada un). A creatividade non chegou para tunear máis nomes, pero a anécdota tivo a súa graza.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS