Crash! Boom! Bang!

O tema Crash! Boom! Bang! pode non ser o mellor de Roxette (prefiro o seu Cinnamon Street), pero discribe a situación que conteceu hoxe a poucos metros do Barco...

O tema Crash! Boom! Bang! pode non ser o mellor de Roxette (prefiro o seu Cinnamon Street), pero discribe a situación que conteceu hoxe a poucos metros do Barco de Chanquete, na entrada a Matogrande dende a Avda. de Alfonso Molina:
coche envorcado
Esa foi a imaxe que atopei hoxe ao volver á Coruña. Quedei flipadiño, pois, unha vez máis, non entendía cómo era posible que o coche envorcase desa maneira. Unha vez no piso, mirei rápido o e-mail para ver se Patricia Ferrol tivera a ben mandar algunha imaxe para ilustrar o accidente, e en vista de que non fora así, baixei eu mesmo a tomar un par de fotografías, pero xusto cando liscaba de alí, apareceu Patricia por alí comentándome que me vira dende o seu piso cando ela mesma estaba fotografando o acontecido. ¡Coincidencia!
Logo mandoume varias fotografías que serven moi ben para situar o accidente:
situación do accidente
E para comprobar o estado do vehículo:
coche envorcado
Ao parecer, o coche rematou a ese lado da cuneta de rebote, polo que non hai dúbida de que a velocidade á que circulaba era excesiva. Unha vez máis non entendo como son posibles accidentes así, pois paréceme que frear o vehículo nunha canle de incorporación é algo case instintivo.
A ver se a xente ten un pouco máis de sentidiño e non teño que publicar máis cousas deste estilo nos vindeiros meses.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS