Envorca un camión na Vedra (A Coruña)

Despois dos distintos accidentes contra o barco de Chanquete, mándanme hoxe unha impactante fotografía dun camión entornado xunto a Avenida de Alfonso Molina, na entrada da Coruña. A imaxe...

camión envorcado
Despois dos distintos accidentes contra o barco de Chanquete, mándanme hoxe unha impactante fotografía dun camión entornado xunto a Avenida de Alfonso Molina, na entrada da Coruña. A imaxe é obra de Patricia Ferrol, que como siga así vai labrarse toda unha reputación no seguimento dos accidentes no contorno de Matogrande (adiantándose sempre os medios de comunicación), onde vai rematar compensar pór unha cámara web as 24 horas do día.
condutor sobre a cabina
O condutor sobre a cabina do camión tamén é algo que impresiona. Gustaríame ver un detalle da cara de circunstancia do paisano.

Coido que desta vez non é preciso mencionar nada sobre a velocidade do vehículo, pois está claro que o camión é un Transformer, que co cambio de hora estaba algo canso e decidiu botar unha soneca. O condutor só está agardando para retomar a súa viaxe cando o curmán de Optimus Prime recupere as horas de sono perdidas.

ACTUALIZACIÓN: La Voz de Galicia ampliou a información:

El vuelco de un camión en Alfonso Molina provoca desvíos en la entrada a la ciudad
El siniestro se produjo a las nueve y veinte de la mañana.

erguendo o camiónUn camión que circulaba en dirección entrada a la ciudad volcó esta mañana en la incorporación a la avenida de San Cristóbal, provocando desvíos en la circulación.

Fuentes de la policía local indicaron a Efe que el siniestro se produjo a las nueve y veinte de la mañana y que el conductor del vehículo resultó ileso.

Según estas mismas fuentes, los trabajos de izado del vehículo continúan y están siendo «muy laboriosos», aunque no han provocado grandes problemas en el tráfico rodado.

Los vehículos que acceden a la ciudad y que pensaban tomar la salida hacia la avenida de San Cristóbal están siendo desviados hacia Matogrande y la zona de la fuente de las pajaritas.

Non sei para qué utilizaron grúas para erguer o camión cando podían limitarse a gritar upa a ver se acordaba e se incorporaba sen máis á estrada 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS